Unha das festas máis máxicas en Galicia e que anuncia a chegada do verán é a noite de San Xoán, a que transcorre do 23 ao 24 de xuño. Esta celebración está protagonizada polo lume e ilumina todos os recunchos da comunidade galega.
A orixe desta festa fai sobre Xoán o Apóstolo, tamén coñecido como San Xoán Evanxelista, un dos discípulos de Xesús de Nazaret. O 24 de xuño conmemórase o nacemento desta figura bíblica, por iso a noite de San Xoán ten lugar na noite que o precede.
Porén, a celebración realizábase orixinalmente o 21 de xuño e o cristianismo cambiou a súa data para que coincidira ca orixe do apóstolo. De feito, esta festa nun principio era pagá e estaba vinculada á chegada do solsticio de verán. Os pagáns consideraban esta noite coma un momento máxico, propicio para realizar rituais de purificación.
As tradicións máis destacadas de Galicia
A noite de San Xoán ten moitas tradicións, pero un elemento común que non pode faltar é o das fogueiras, xa que o lume é símbolo de purificación e protección. Unha das prácticas máis usuais é a de saltar á fogueira nove veces para espantar aos malos espíritos e pedir un desexo. O número de saltos varía en función da zona, pero sempre ten que ser impar.
Nas zonas de costa de Galicia hai outro costume que ten que ver coa fertilidade. A tradición conta que aquelas mulleres que queiran quedar embarazadas deben bañarse durante esta noite e saltar nove olas. Esta lenda celébrase, sobre todo, na praia da Lanzada.
Volvendo ao lume e a purificación dos pagáns, moitos galegos aproveitan esta festa para desprenderse dalgún obxecto en sinal de liberación para eliminar as enerxías negativas. Comunmente adóitanse queimar apuntes ou libros.
Galicia é terra de meigas, por iso non é de estrañar que outra das súas tradicións sexa a da queimada, todo un ritual de bruxería. Trátase dun conxuro de protección fronte aos malos espíritos que segue unha receita que ten como base augardente, azucre, graos de café e pele de froita. Mestúranse os ingredientes, préndese lume ao líquido e remóvese cun cullerón mentres se recita un feitizo.
Por último, un dos costumes máis arraigados en Galicia durante esta festa é a sardiñada, na que se asan sardiñas ao aire libre. É unha ocasión marcada polo sentimento de comunidade na que os veciños e visitantes comparten esta experiencia culinaria baixo as estrelas.
Celebra San Xoán en Monte do Gozo
No Albergue Monte do Gozo sabemos o importante que é a festa nesta comunidade autónoma. Por iso, o próximo domingo 23 de xuño imos celebrar a noite de San Xoán.
Terá lugar na praza central de Monte do Gozo a partir das 18 horas e incluirá unha grande sardiñada amenizada con música. Visítanos e goza da comida, a bebida e a tradición desta celebración tan famosa.