O festival de música O Gozo Festival, un dos eventos musicais máis grandes de Galicia, volve a Monte do Gozo os próximos 6 e 13 de xullo con dúas xornadas protagonizadas por artistas de renome a nivel nacional e internacional.
O primeiro día do festival, o sábado 6 de xullo, conta cunha aliñación estelar encabezada por Ed Sheeran. O cantante británico fará o seu debut na comunidade autónoma cun dos concertos máis esperados do verán polos galegos. Sheeran vendeu máis de 56 millóns de discos ao longo do mundo, con cancións como ‘Shape of You‘, ‘Perfect‘ ou ‘Bad Habits‘.
Sheeran apareceu no panorama musical no ano 2010 co seu EP ‘No.5 Collaborations Project’. Dende entón, o artista conseguiu miles de fans de todo o globo. Agora ten sete álbums ás súas costas e continúa reafirmando o seu status como unha das estrelas do pop actual.
Ver esta publicación en Instagram
Un cartel cheo de artistas
Ed Sheeran estará acompañado por outros artistas importantes da música, como Mon Laferte. Esta cantautora chilena abarca unha grande variedade xéneros e ten un estilo propio que a converteu nunha das artistas máis recoñecidas en Latinoamérica. O seu álbum ‘Mon Laferte’ deulle un gran recoñecemento na industria e lanzou a súa carreira a novas metas.
Tamén acudirán á cita Fillas de Cassandra, o dúo formado por María SOA e Sara Faro, que levarán a súa mestura de música tradicional e vangardista a Monte do Gozo. A parella destacou en Galicia grazas a súa proposta innovadora, as súas letras e a súa presenza escénica.
Angelina Mango, a gañadora do Festival de San Remo e representante de Italia en Eurovisión, traerá a Compostela o seu grande éxito ‘La Noia’, unha cumbia contemporánea que conquistou a toda Europa.
Bomba Estéreo é unha banda colombiana caracterizada polos seus ritmos electrónicos con influencias da música tradicional de Colombia. Debutou no 2006 co seu ‘Vol. 1’, eloxiado pola crítica pola súa frescura. Dende entón, lanzou numerosos éxitos.
Por último, actuará en O Gozo Festival o dúo alemán Milky Chance. Ten un estilo moi particular que mestura o folk, a música electrónica e o reggae. O seu éxito chegou coa canción ‘Stolen Dance’ en 2013, que se volveu viral en redes sociais. Dende entón, non pararon de traballar e gañaron millóns de oíntes ao longo do mundo.
Podes consultar os horarios do evento a continuación:
Ver esta publicación en Instagram
Un día protagonizado pola electrónica
A segunda xornada de O Gozo Festival, o 13 de xullo, estará dedicado por completo á música electrónica. Así, reunirá en Santiago de Compostela aos mellores DJs do mundo, como Armin Van Buuren, Claptone, Timmy Trumpet, Hardwell, Marshmello, Fedde LeGrand ou Koro Lova.
Ver esta publicación en Instagram
O evento naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia. Despois da súa exitosa primeira edición, o festival continúa apostando por propostas musicais de grande envergadura.
Podes comprar as túas entradas na seguinte ligazón.