Santiago de Compostela é unha cidade cunha rica historia, unha arquitectura impresionante e un ambiente cultural vibrante. Se chegaches á capital galega despois de percorrer o teu Camiño ou estás de paso, hai numerosos recunchos que non che podes perder. A continuación, amosámosche os 10 lugares imprescindibles que debes visitar en Santiago.
A Catedral de Santiago
Sen dúbida, o emblema da cidade e a culminación do Camiño de Santiago é a maxestosa Catedral de Santiago. Este edificio, de estilo románico con influencias góticas e barrocas, é unha das obras arquitectónicas máis impresionantes de Europa. A súa fachada é un dos elementos máis destacados do conxunto, pero o seu interior non defrauda. Nel, poderás ver o famoso Pórtico da Gloria, unha obra mestra de arte medieval do Mestre Mateo, e o sepulcro do Apóstolo Santiago, un lugar de especial devoción para os peregrinos.
A praza do Obradoiro
A praza do Obradoiro, no corazón de Compostela, é o escenario que lle da a benvida aos peregrinos tras o seu longo percorrido. Está rodeada de maxestosos edificios históricos como o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Raxoi ou a mencionada Catedral de Santiago. Acudir a este sitio e sentar nos seus soportais para observar todo a paisaxe é xa un costume para todos os viaxeiros que terminan a súa peregrinación.
Ver esta publicación en Instagram
O Mosteiro de San Martiño Pinario
Moi próximo á praza do Obradoiro está o Mosteiro de San Martiño Pinario, un dos máis grandes de España e testemuña do esplendor monástico de Galicia. A súa sobria fachada oculta un interior cheo de detalles artísticos. Agora, parte do edificio alberga un seminario e un museo, onde podes somerxerte na historia eclesiástica da zona e admirar o seu retablo de estilo barroco.
Ver esta publicación en Instagram
O Mercado de Abastos
O Mercado de Abastos é o punto ideal para experimentar a auténtica vida local. Este mercado é o segundo lugar máis visitado da cidade, por detrás da Catedral, e ofrece unha asombrosa variedade de produtos frescos típicos de Galicia. Se es un amante da gastronomía, poderás deleitarte con mariscos, peixes, queixos e embutidos locais. Está aberto de luns a sábados en horario de mañá.
Ver esta publicación en Instagram
O parque da Alameda
O parque da Alameda é o pulmón de Compostela, un lugar perfecto para desconectar tras a intensidade da peregrinación ou das visitas turísticas. Cos seus amplos camiños, esculturas e fontes, ofrece un espazo de paz en medio da cidade. Dende aquí poderás gozar dunhas impresionantes vistas da Catedral.
Ver esta publicación en Instagram
O Museo da Catedral
O Museo da Catedral é unha parada obrigatoria para aqueles que desexan afondar na rica historia deste templo. Aquí expóñense varias pezas de arte sacra, documentos históricos e detalles sobre a construción e evolución da Catedral ao longo dos séculos. Ademais, permite acceder ás cubertas da basílica, dende onde gozarás dunha vista panorámica única da capital.
Ver esta publicación en Instagram
O Convento e Igrexa de San Francisco
O Convento e Igrexa de San Francisco é un edificio cuxa orixe está envolta en misterio. Conta a lenda que foi fundado por orde de San Franciso de Asís durante a súa peregrinación a Compostela coa axuda dun ermitán da zona. A construción actual foi realizada durante o século XVIII e ten un monumento en honra ao santo, creado por Francisco Asorey, que debes ver.
Tamén alberga o Museo de Terra Santa, no que hai obxectos únicos da tradición peregrina. O lugar foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1986.
Ver esta publicación en Instagram
O Colexio de Fonseca
Outra construción destacada da cidade e que está moi unida a súa cultura académica é o Colexio de Fonseca, fundado no século XVI. Este edificio é unha xoia do Renacemento galego e foi a primeira sede da Universidade de Santiago de Compostela.
O seu claustro, cos seus elegantes arcos e xardíns, é un oasis de calma no bulicio da urbe. A biblioteca do edificio posúe unha valiosa colección de manuscritos e libros antigos, outra razón para que visites e admires este recuncho histórico.
Ver esta publicación en Instagram
O Museo do Pobo Galego
O Museo do Pobo Galego, situado no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, brinda un fascinante percorrido pola cultura e tradición de Galicia. Nel poderás descubrir a historia da vida rural, os oficios artesanais, a música e os traxes tradicionais da rexión. Ademais, o museo alberga o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan figuras clave de Galicia, como Rosalía de Castro.
Ver esta publicación en Instagram
O Parque de Bonaval
Xunto a este museo está o famoso parque de Bonaval, un espazo verde moi amplo que se estende nos antigos xardíns e cemiterio do convento. Este lugar, cheo de camiños, ofrece unha atmosfera tranquila e unhas vistas impresionantes dos tellados de Santiago. De feito, é habitual que os habitantes da urbe acudan a este emprazamento a gozar da compañía dos seus seres queridos mentres ven o atardecer.
Ver esta publicación en Instagram
Santiago de Compostela é unha cidade interesante cunha rica tradición histórica e arquitectónica que debes coñecer. Por iso, podes elixir o noso albergue para a túa estancia. Estamos en Monte do Gozo, un lugar cunha panorámica privilexiada da capital de Galicia e que está ao final do Camiño Francés. Entra nesta ligazón e reserva a túa habitación ou cama.